top of page

MEMBROS

JAY DOE

// Guit. & Voz

 

Vocalista e guitarra rítmica 

LUCAS FERNANDEZ

// Guit.

 

Guitarra solista cun estilo propio e refinado cheo de feeling

ALEXANDRE CARRERO

// Baixo

 

Baixista solido cun groove e son elegante e moi recoñecible

MANUEL ARES

// Batería

 

Gran baterista cun ritmo definido e moito swing

RAMÓN FIGUI

// Armónica

 

Experimentado armonicista da  escea galega 

BIO

Javier Casal, en agosto de 2015, deixa fuxir o seu "alter Ego" máis blusero co nome de Jay Doe. Versións de Robert Johnson, Jimmy Red, Brownie McGhee, Muddy Waters, Big Bill Broonzy, Elmor James, combinándoos con temas máis populares de Clapton ou os Stones, sempre en torno ao Blues, Rithm e blues, country e mergullandose cos estilos do swing e do jazz. . En 2016 lanzou o seu primeiro disco acompañado dos músicos que agora compoñen a súa banda titulada "Me & The Blues". É agora no 2018 cando reúne ós Blues Preachers, músicos con ampla experiencia para tocar en directo. A formación é a seguinte ...

Jay Doe: Rit Guitar e voz

Lucas Fernandez: Guitarra solista

Alexandre Carrero: baixo

Manu Ares: Batería

Ramón FIGUI: Armónica

Todos os seus compoñentes teñen un fondo musical moi extenso, tocando toda a xeografía galega e española, tamén no país veciño Portugal. Forman parte de varias formacións, polo que soan bandas como Dr. Hello, MissinBlues, Best Boy, Cool Funeral, Delta Blues Duo, The Blues Moonshiners, Booty Sweet, Moon Crest, The Bluesfellas, Monk Blues Band. Jay Doe & The Blues Preachers únense para interpretar o blues e o rithm & blues de raíces afroamericanas, desde clásicos do blues ata composicións propias.

Nestes dous anos de funcionamento a banda realizou moitos concertos e cabe destacar que agora a finais de febreiro estabamos no Festival Internacional de Blues Vila do Conde - VillaSessions 2020 en Portugal, compartindo escenario con músicos como Chris Wragg, Greg. Copeland e Steven Dale Petit.

En xullo deste ano forman parte do I Festival de Blues "Mar de Blues" da Guarda, compartindo escenario con Marcos Coll, Javier Turnes e os portugueses Peter Storm & The Blues Society.

Actualmente a banda atópase en pleno proceso de gravación do que será o seu próximo álbum.

bottom of page